Solapas principales

Os alumnos/as das escolas infantís municipais elaboraron as súas propias cabazas para festexar o Samaín

Sábado, 02 de noviembre de 2013

[02-11-2013] Os nenos e nenas das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque participaron ao longo desta semana en diferentes actividades relacionadas co Samaín. Estes dous centros educativos queren transmitir aos máis pequenos/as esta celebración celta, para manter as nosas tradicións máis antigas dunha forma divertida. Durante toda a semana os nenos e nenas das escolas infantís municipais realizaron diferentes obradoiros nos que prepararon os traxes e as cabazas, que forman parte do Samaín, que se celebra con motivo do día de Todos os Santos e do Halloween.

Por outra banda, na escola infantil O Bosque participaron en varias actividades relacionadas co Samaín. As aulas enchéronse de pantasmas e morcegos. Ademais, os nenos/as baleiraron e decoraron cabazas na aula. Tamén se disfrazaron de bruxas e vampiros. Este xoves, 31 de outubro, cada grupo de idade xuntouse coas súas cabazas e cantaron cancións e contaron contos.

Na escola infantil do Bosque esta celebración abordouse como unha actividade familiar. Este ano invitouse ás familias a participar no Samaín, para que decorasen as cabazas nas súas casas e despois as levaran para a escola. Esta actividade tivo un gran éxito debido á ampla participación e pola orixinalidade á hora de decorar as cabazas.

Esta actividade enmárcase na programación de actividades que teñen as escolas infantís municipais para ou curso 2013-2014. Ademais desta festa ao longo do curso celebraranse outras festividades como poden ser o Magosto, o Nadal ou o Entroido.

Moita xente cre que a costume de baleirar cabazas para a véspera do día de Todos os Santos é algo importado de América. Pero os celtas xa viñan celebrando o Samaín en Galicia moito antes de que chegara a moda do Halloween. Nas escolas infantís municipais os/as cativos quixeron lembrar esta tradición e realizaron varias actividades relacionadas co Samaín durante toda a semana.

Na escola infantil municipal A Madalena, do Milladoiro, os alumnos e alumnas participaron nun concurso de elaboración de cabazas. Os nenos e nenas desta escola municipal elaboraron verdadeiras obras de arte coas cabazas. Os pais e nais dos cativos tamén colaboraron nesta iniciativa, xa que lle axudaron aos seus fillos/as a preparar as cabazas. Deste xeito, elaboraron cabazas terroríficas, infantís, simpáticas, e incluso na aula dos bebés prepararon unha cabaza inspirada en Lola, a boneca da escola. Estas cabazas tiñan diversas formas (spiderman, pirata, araña, boneca, bruxa, boneco de neve...).

Aínda que esta actividade se organizou como un concurso, neste caso non houbo un gañador só, senón que todos os cativos recibiron un diploma polo seu traballo. O obxectivo desta actividade é que todos os nenos e nenas se divirtan e que toda a familia participe nas actividades organizadas pola escola.