[26-12-2012] A compañía Traspediante, que integran Marta Alonso e Begoña Cuquejo, porán en escena a obra Baleadas. Trátase dunha peza de danza que está dirixida ao público infantil. Esta representación terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18:00 horas. Aínda que a obra está dirixida ao público infantil, esta representación está aberta a todos os públicos. Esta actividade enmárcase dentro da programación cultural do Nadal 2012. As entradas poderán mercarse unha hora antes do comezo da función na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné.
A compañía Traspediante está a representar Baleadas, un espectáculo en 3D con pintura, danza e textos do poemario de Estevo Creus (Balea2). Esta obra, que xoga con danza, poema e debuxos xerados en directo, está ambientado con música orixinal de Madamme cell, Ariel ninas e Non-ou. Trátase dunha peza familiar sobre os cetáceos en Galiza, para que os adultos vaian explicando aos nenos, e os nenos vaian explicando aos adultos.
Neste espectáculo de danza e animación, que está cheo de sorpresas, xúntanse diversas modalidades expositivas, tecnolóxicas e procesos creativos: a creación e a animación 3D, creación-animación de imaxes e debuxos, baile de textos poéticos escritos, interpretación coreográfica e teatral e música en directo. Esta peza de danza, que está dirixida por Begoña Cuquejo, ten unha duración aproximada de 50 minutos. A interpretación corre a cargo de Marta Alonso, Begoña Cuquejo e Paulina Funes.
As entradas poderán mercarse unha hora antes do comezo da función na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Traspediante presenta Baleadas en Bertamiráns"




