Solapas principales

A concellaría de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores organiza mañá no Milladoiro unha charla sobre o alzheimer

Miércoles, 21 de noviembre de 2012

[21-11-2012] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores, organizou para este mes de novembro dúas actividades informativas relacionadas coa saúde dos maiores. A entrada a estas actividades, que se desenvolverán no local de JUPEMI (Club de Xubilados e pensionistas do Milladoiro), é libre e gratuíta. A actividade sobre o alzheimer será este xoves, 22 de novembro, ás 19:00 horas, mentres que a relacionada coa diabete celebrarase o mércores, 28 de novembro, ás 18:30 horas.

Máis concretamente, o xoves 22 de novembro, ás 19:00 horas, o local de JUPEMI, situado na Rúa Figueiras, 3 baixo, acollerá unha charla sobre o alzheimer, titulada Memoria e Enfermidade. O poñente desta conferencia será Pablo Mirás Sánchez, psicólogo de AGADEA (Asociación galega para a axuda dos enfermos con demencia tipo alzheimer).

Para o mércores 28 de novembro, ás 18:30 horas, está programado un obradoiro de diabete. Esta actividade será impartida por María Teresa Lord Rodríguez, enfermeira educadora en diabete do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.