Solapas principales

O Concello de Ames está acometendo melloras na Casa da Cultura de Bertamiráns, introducindo novos equipamentos

Martes, 13 de noviembre de 2012

[13-11-2012] A Casa da Cultura de Bertamiráns contará con novos equipamentos, xa que o Concello de Ames está levando a cabo traballos de mellora nas súas instalacións. Estas obras permitirán mellorar o sistema de detección e prevención de incendios da Casa da Cultura, instalar unha nova rede wifi e mellorar as condicións das cortinas que cobren o escenario do auditorio, cambiándoas por outras ignífugas.

Para a realización de parte destes traballos, o Concello recibiu unha subvención de preto de 3.600 euros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. As obras de mellora teñen un orzamento total de 15.000 euros.

A mellora do sistema de detección e prevención de incendios da Casa da Cultura de Bertamiráns supón a instalación de detectores ópticos de fumes, substituír a central, colocar pulsadores manuais e sirenas ópticas e acústicas tanto exteriores como interiores.

A través desta subvención, inclúese tamén a instalación dun sistema de conexión inalámbrica a internet, formado por un controlador, un punto de acceso interior e outro exterior. O obxectivo é renovar o sistema existente. Por último, melloraranse as condicións das cortinas que cobren o escenario do auditorio Casa da Cultura substituíndoas por outras ignífugas.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames está acometendo melloras na Casa da Cultura de Bertamiráns"
La Voz de Galicia: "La Casa da Cultura de Bertamiráns mejorará su sistema de detección de incendios y la red wifi"