[04-11-2012] Centos de persoas participaron esta mañá na decimo terceira edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que se celebrou no paseo fluvial de Bertamiráns. A participación nesta proba foi récord, xa que neste ano 2012 foron 1.143 os nenos/as e adultos que tomaron a saída. A eles, uníronse os centos de persoas que asistiron como público a esta consolidada cita do atletismo, que reúne cada ano a moitos atletas de toda a contorna e doutras localidades de Galicia. Este ano, os gañadores absolutos da proba foron: Jorge Crespo Arias e Laura Mosquera Escudero. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as clasificacións das carreiras correspondentes ás distintas categorías.
No resto de categorías os gañadores foron: Santiago Herva Dragó e Katia Dodman Vázquez (categoría pitufo); Diego Rodríguez Sánchez e Sofía Dodman Vázquez (categoría prebenxamín); Pedro Otero Piñeiro e Sonia Rivadulla Blanco (benxamín); Hugo Nóvoa Ramos e Noelia Iglesias Caamaño (alevín); Pedro Osorio López e Claudia Fernández-Couto Álvarez (infantil); Adrián Vázquez Calo e Carmen Martínez Martínez (cadete); Youssef Kouaou e Vanesa Varela Rivas (junior); Diego Calvete Carballa e Paula Sahelices López (promesa-senior).
En canto as categorías de veteranos, os vencedores foron: Juan Carlos Casal Pérez (veteranos A), Antonio Otero Uhía (veteranos B), Ramiro Pérez Pereira (veteranos C), Purificación Bermudez Turnes (veteranas D) e Celina Rodríguez Sobrino (veteranas E).
Cada ano que pasa a afluencia de deportistas é maior e nas rúas de Bertamiráns xúntanse un gran número de persoas que gozan practicando este deporte. Este ano acompañou o bo tempo e centos de persoas, corredores e acompañantes achegáronse ata Bertamiráns para participar nesta cita deportiva. Os primeiros corredores tomaron a saída ás 11:00 horas da mañá dende o paseo fluvial.
Os adultos tiveron que percorrer unha distancia de 7.900 metros, mentres a distancia da carreira dos nenos/as variou segundo a categoría e a idade dos participantes. O control da carreira estivo a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo na Delegación de Santiago de Compostela. A Policía local estableceu un dispositivo de seguridade durante toda a mañá.
Á carreira asistiron ademais do alcalde de Ames, Santiago Amor, que participou na proba, e varios concelleiros/as do grupo de goberno, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. O encargado de dar a saída da carreira foi o atleta de Ortoño, Tariku Novales, recente vencedor na súa categoría da pedestre compostelana.
O alcalde de Ames, Santiago Amor; o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro e o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, entregáronlle os trofeos aos os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina. Ademais dos premios houbo tamén un sorteo de camisetas, gorros e balóns para varios dorsais que se elixían ao azar.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Mil sueños plusmarquistas en la carrera pedestre de Ames"
El Correo Gallego: "Récord de participación na proba atlética amiense"




