Solapas principales

Remata con éxito o obradoiro de vidreiras artísticas no que participaron 11 alumnos/as

Jueves, 19 de julio de 2012

[19-07-2012] Unha das aulas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu dende o pasado 2 de xullo un obradoiro de vidreiras artísticas. Esta actividade, que estivo organizada polo Concello de Ames, contou coa participación de 11 persoas. Neste curso, impartido por José Luís Tejedor, os asistentes aprenderon a construír e deseñar unha pequena vidreira para colocar nunha fiestra das súas casas. A concelleira de Cultura, Eugenia Martín, foi a encargada de clausurar este obradoiro, un acto no que estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Bernardo Moar.


O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organizou un obradoiro de vidreiras artísticas que se desenvolveu no Pazo da Peregrina entre o 2 e o 18 de xullo. As clases impartíronse de luns a venres, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Neste obradoiro participaron 11 alumnos/as que deseñaron a súa propia vidreira para colocar posteriormente nunha fiestra da súas casas.

Este curso tivo un gran éxito entre a veciñanza amiense, xa que se completaron practicamente todas as prazas ofertadas. Á clausura do curso acudiu a concelleira de Cultura, Eugenia Martín, que estivo coñecendo de primeira man o que fixo o alumnado neste obradoiro. Debido ao grande éxito que rexistrou a iniciativa, o curso repetirase o ano que vén.

O obradoiro de vidreiras artísticas foi impartido por José Luís Tejedor, que posúe un taller en Bertamiráns no que se dedica á elaboración de vidreiras desde 1994. Tejedor traballa no seu taller con diferentes tipos de vidros e a técnica que máis emprega é a tradicional, unindo os vidros con chumbo, aínda que para acadar determinados efectos usa técnicas como o fussing.