Solapas principales

Segue aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Vidreiras Artísticas, que comeza o luns

Jueves, 28 de junio de 2012

[28-06-2012] Os interesados e interesadas en participar no Obradoiro de Videiras Artísticas organizado polo Concello de Ames aínda poden inscribirse no curso, que comeza o luns. Ademais, ampliouse a franxa de idade dos posibles alumnos, que poderán ter de 15 anos en adiante.

As inscricións neste curso, para o que hai dispoñibles 12 prazas, pódense facer a través do número de teléfono 981 535940. O obradoiro será impartido por José Luís Tejedor do 2 ao 31 de xullo no Pazo da Peregrina.

Este obradoiro, organizado pola Concellaría de Cultura, conta con 12 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. O curso desenvolverase desde o día 2 ata o 31 de xullo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O horario das clases será de luns a venres entre as 20.00 e as 22.00 horas.

O Obradoiro de Videiras Artísticas será impartido por José Luís Tejedor, que posúe un taller en Bertamiráns no que se dedica á elaboración de vidreiras desde 1994. Tejedor traballa no seu taller con diferentes tipos de vidros e a técnica que máis emprega é a tradicional, unindo os vidros con chumbo, aínda que para acadar determinados efectos usa técnicas como o fussing.