Solapas principales

Amplíase o prazo de inscrición para participar no Campus educativo de verán que organiza a Concellaría de Xuventude

Sábado, 16 de junio de 2012

[16-06-2012] A Concellaría de Xuventude, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), ampliou o prazo e inscrición para que todos os rapaces e rapazas que así o desexen se poidan apuntar ao Campus educativo de verán que se desenvolverá nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e de agosto. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 28 de xuño, polo que haberá 10 días máis poder formalizar a inscrición. Este ampliación está motivada porque moitos rapaces e rapazas non saben se precisarán estas clases de reforzo educativo ata que teñan as notas deste curso. Esta actividade está dirixida aos mozos/as de 2° ciclo de Educación Secundaria (3° e 4° de ESO), PCPI e Diversificación curricular.

Co obxectivo de paliar o abandono escolar prematuro o Concello de Ames, a través da Concellaría de Xuventude, puxo en marcha o programa “Redución do abandono escolar”, que está dirixido aos mozos/as de 2° ciclo de Educación Secundaria (3° e 4° de ESO), PCPI, Diversificación curricular e mozos/as maiores de 18 anos, que non obtiveron o título da Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO). Este programa inclúe varias actividades como as que se van desenvolver dentro do Campus educativo de verán.

No Campus educativo de verán traballarase co alumnado de 2° ciclo de Educación Secundaria durante o verán, mediante actividades de reforzo educativo, técnicas de estudo, dinámicas educativas, etc. Este programa de reforzo educativo desenvolverase nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e de agosto. Esta actividade está dirixida aos mozos/as de 2° ciclo de Educación Secundaria (3° e 4° de ESO), PCPI e Diversificación curricular.

En caso de ter máis solicitudes que prazas, terán prioridade os mozos/as que acompañen esta solicitude cun informe favorable do seu centro educativo (contactar coa Dirección e/ou Orientación do centro). Ofértanse un total de 30 prazas. O campus educativo ten un custe de 43 euros. Haberá que facer o ingreso na conta NovaGaliciaBanco número 2080 5215 383040000054 indicando o nome e apelidos do participante e da actividade.

Para obter máis información pódense poñer en contacto coa Oficina de Información Xuvenil do Concello de Ames chamando ao número de teléfono 616 083 229 ou a través do correo electrónico omix@concellodeames.org.