Solapas principales

A Concellaría de Xuventude pon en marcha un programa para reducir o abandono escolar

Martes, 29 de mayo de 2012

[29-05-2012] Co obxectivo de paliar o abandono escolar prematuro o Concello de Ames, a través da Concellaría de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, pon en marcha o programa “Redución do abandono escolar”, que está dirixido aos mozos/as de 2° ciclo de Educación Secundaria (3° e 4° de ESO), PCPI, Diversificación curricular e mozos/as maiores de 18 anos, que non obtiveron o título da Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO). Este programa inclúe varias actividades como son os encontros educativos, un campus educativo de verán e a preparación das probas de ESO para a convocatoria de setembro. Os mozos e mozas que estean interesados/as en participar no campus educativo de verán e nas actividades de preparación das probas da ESO deben de formalizar a súa inscrición nestas actividades entre o 28 de maio e o 18 de xuño. Para obter máis información pódense poñer en contacto coa Oficina de Información Xuvenil do Concello de Ames chamando ao número de teléfono 616 083 229 ou a través do correo electrónico omix@concellodeames.org. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición para participar nestas actividades.