Solapas principales

O Concello de Ames concorre con catro proxectos ás liñas de axuda de Agader para a dinamización das áreas rurais

Jueves, 28 de junio de 2012

[28-06-2012] O Concello de Ames presentou catro proxectos á convocatoria de subvencións da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos polos concellos e mancomunidades, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Na liña de axudas destinadas á conservación e mellora do patrimonio rural, o Concello concorreu cun proxecto para a mellora do peche perimetral do Pazo da Peregrina, situado no núcleo de Bertamiráns.

Mentres, na convocatoria destinada aos servizos básicos para a economía e a poboación rural, presentouse unha memoria para a mellora das condicións de seguridade do parque infantil da urbanización Agro do Muíño. Estas obras consistirían na substitución do pavimento de grava existente por outro de lousas de caucho e na colocación dun peche perimetral á zona de xogos.

Encadrado tamén nos servizos básicos, o Concello presentou un proxecto para a execución dunha pista deportiva para a práctica do pádel no Milladoiro. Por último, dentro da liña de axudas da Agader destinadas á conservación e mellora do patrimonio rural, concorreuse cun proxecto para a posta en marcha dun portal web de sensibilización e difusión do patrimonio cultural inmaterial existente no Concello de Ames.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "O Concello de Ames concorre con catro proxectos ás liñas de axuda de Agader para a dinamización das áreas rurais"