Solapas principales

Os nenos e nenas da escola infantil O Bosque visitaron a escola ecuestre La Croupe

Martes, 27 de marzo de 2012

[27-03-2012] Tal e como se reflicte na programación deste trimestre, os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están realizando diversas actividades relacionadas coa temática dos animais. Co obxectivo de coñecer o contorno máis próximo realizan varias excursións, sempre relacionadas con algún dos temas que tratan na programación de actividades que se levan a cabo nas aulas. Durante a semana pasada os cativos/as de 2 a 3 anos e as profesoras deste centro de ensino visitaron a escola ecuestre La Croupe para ver diferentes animais (mapaches, tartarugas, llamas, cabalos, vacas, cans monos, etc). Despois da visita os nenos e nenas fixeron un descanso para comer unhas galletas e beber un pouco de auga co obxectivo repoñer forzas antes de volver para o centro de ensino.


Cada trimestre os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal O Bosque realizan varias excursións, sempre relacionadas con algún dos temas que tratan na programación de actividades que se levan a cabo nas aulas. Durante o mes de marzo os cativos e profesoras deste centro de ensino están estudando os animais. Para coñecer de primeira man os animais que estudaron nas aulas, os nenos e nenas de 2 a 3 anos participaron nunha excursión á escola ecuestre La Croupe. Esta visita foi posible xa que a nai dun alumno da escola infantil O Bosque é a propietaria deste centro ecuestre.

Os nenos e nenas puideron coñecer todo tipo de animais como mapaches, tartarugas, llamas, cabalos, vacas, cans monos, etc. Ademais, os traballadores explicáronlle aos nenos/as como se coidan estes animais, o que lle botan de comer, as súas costume... Os cativos/as puideron tocalos e gozar dunha xornada moi instrutiva e lúdica. Despois da visita os nenos e nenas fixeron un descanso para comer unhas galletas e beber un pouco de auga co obxectivo repoñer forzas antes de volver para o centro de ensino.

Todas estas actividades do programa Coñecendo o contorno máis próximo pretenden achegar os nenos e nenas ao seu exterior máis inmediato, así como ensinarlles o funcionamento de distintos organismos que son fundamentais para a súa vida diaria.