Solapas principales

Os servizos de Comedores escolares, Tardes divertidas e Bos días cole serán unha realidade este ano por primeira vez no CEIP Barouta

Sábado, 10 de septiembre de 2011

[10-09-2011] O CEIP de Barouta ten todo a punto para que o vindeiro luns, co inicio do curso, se poñan en marcha tamén por primeira vez os servizos de comedores Escolares, Tardes Divertidas e Bos Días cole para todos aqueles nenos que desexen acceder a estes servizos que ofrece o Concello de Ames para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. O goberno do Partido Popular quixo dotar ao CEIP Barouta dos mesmos servizos que teñen o resto dos colexios amienses, por iso o vindeiro curso será o primeiro no que este centro ofrecerá o servizo de comedores escolares, o Bos Días Cole e o Tardes Divertidas. O goberno municipal fai unha importante e clara aposta pola conciliación da vida laboral e familiar e ten un compromiso firme na prestación dos servizos complementarios. Coa incorporación de Barouta agora son todos os colexios do Concello de Ames os que ofrecen servizos de conciliación e de comedores.

Barouta ten apuntados nove nenos para o Bos Días Cole, 12 para o Tardes divertidas e 48 para o servizo de comedor escolar. Tanto o Bos Días Cole coma o Tardes Divertidas non teñen pechada a matrícula. Aínda que o número de nenos que empregarán os servizos de Tardes Divertidas e Bos días Cole non chega ao que o Concello prevía inicialmente para ofertar o servizo, "farase un esforzo para que Barouta oferte os mesmos servizos que os resto dos centros" explica o concelleiro de Servizos, Ramón G. Argibay.

Maís de 2.800 nenos de tódalas idades están matriculados nalgún centro escolar público en Ames

O ano pasado Barouta tivo 158 nenos matriculados, este ano o número ascendeu a 169. Ese lixeiro incremento é un fiel reflexo do que aconteceu na maioría dos outros centros escolares de Ames, o CEIP A Maía, pasou de 639 a 643 nenos, CEIP Ventín pasa de 421 a 471, a Escola Infantil de Milladoiro pasa de 300 a 310, o IES mantense nos 600 alumnos e o CEIP Agro do Muíño tamén aumenta os seus 410 alumnos matriculados o ano pasado, aínda que non se concretou en cifra. Soamente os centros O Bosque e A Madalena reducen o número de matrículas, O Bosque pasa de 120 a 115 alumnos e A Madalena, que tiña 97, queda con 91.

En total, en Ames, 1.118 rapaces e rapazas empregarán o servizo de comedores, 285 fan uso do Bos Días Cole e 155 están matriculados no servizo de Tardes Divertidas.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El colegio amiense de Barouta tendrá comedor para 48 niños"
El Correo Gallego: "El programa concilia y el comedor escolar llegan al colegio de Barouta"