Solapas principales

Extinguido un incendio na parroquia amiense de Lapido

Viernes, 22 de julio de 2011

[22-07-2011] Contra as sete da tarde orixinouse un incendio na parroquia de Ortoño, no lugar de Lapido. O lume orixinouse moi preto das casas pero foi rapidamente extinguido por numerosos dispositivos que se achegaron ata o lugar: tres helicópteros da Xunta, bombeiros de Santiago de Compostela e o Grumir de Brión. Do mesmo xeito o concello de Ames activou con inmediatez o seu Plan de prevención de incendios e desprazou ata o lugar un camión cisterna de Urbaser e un tractor con cisterna.

O incendio ameazou unha casa chegando incluso ata o seu muro, pero foi rapidamente controlado. Na casa non había ninguén nese momento. O alcalde amiense, Santiago Amor, a concelleira de Medio Ambiente, Eugenia Martín, Manuel Ferreiro, concelleiro de deportes e Ramón Argibay de urbanismo, achegáronse ata o lugar ós poucos minutos de coñecerse o suceso. Amor recibiu ó pouco tempo de orixinarse o incendio a chamada do conselleiro de medio rural, Samuel Juárez que quixo interesarse polo acontecido.

Segundo informou o axente forestal o incendio está xa extinguido aínda que durante a noite permanecerá no lugar un retén por se fose preciso de novo a extinción de lapas.