Solapas principales

Ames acolleu o primeiro open de volei praia sénior

Martes, 05 de julio de 2011

[05-07-2011] O novo parque do río Ameneiral, situado entre as rúas O Rueiro e Ameneiral, acolleu durante esta fin de semana o primeiro open de volei praia. Os encontros disputáronse nas modalidades de parella (sénior masculino e feminino). A competición desenvolveuse o sábado 2 e o domingo 3 de xullo, a partir das 10:00 horas, e durante todo o día. Na xornada do sábado disputáronse os partidos da categoría sénior feminina, mentres que o domingo foi a quenda da categoría sénior masculina. Para elo, instaláronse tres campo polo que se puideron disputar varios partidos de xeito simultáneo. Este torneo estivo organizado polo Bertamiráns FC e pola Federación Galega de Voleibol, en colaboración co Concello de Ames.


A final masculina disputouse ao mellor de tres sets de 21 puntos cada un. Este encontro estivo moi igualado ata o final e decidiuse no quinto e último set. Este partido foi o que xuntou maior número de público no novo parque do río Ameneiral. Finalmente os campións foron a parella formada por Cristobal Álvarez e Eduardo Rodríguez, mentres que en segunda posición quedou a parella Mahia/Bouza. Na categoría feminina impúxose a parella formada por Lorena Cruz e Xela Lema.

Este evento estivo organizado polo Bertamiráns FC e a Federación Galega de Voleibol. Ademais contou co patrocinio de BeiraSar e coa colaboración do Concello de Ames. O concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro foi o encargado de facer entrega dos trofeos aos gañadores.

Esta non é a primeira proba e volei que acolle Bertamiráns, xa que hai quince días esta mesma localidade foi sede dunha proba do circuíto galego de volei praia. O novo parque do río Ameneiral, situado entre as rúas O Rueiro e Ameneiral, acolleu a segunda proba do circuíto galego de volei praia. O evento tivo lugar durante os días 18 e 19 de xuño. Durante a xornada do sábado disputáronse os encontros correspondentes á categoría sub 15, mentres que o domingo xogáronse os partidos da categoría sub 17. Todos os partidos disputáronse a partir das 10:00 h. e ao longo de todo o día. Ao dispor de tres campo puidéronse xogar varios encontros de xeito simultáneo. Neste torneo participaron arredor de 200 deportistas.


Bertamiráns acolleu durante toda esta fin de semana o primeiro Open de volei praia. O evento tivo lugar durante os días 2 e 3 de xullo no novo parque do río Ameneiral, situado entre as rúas O Rueiro e Ameneiral. Durante a xornada do sábado disputáronse os encontros correspondentes á categoría sénior feminina, mentres que o domingo xogáronse os partidos da categoría sénior masculina. Todos os partidos disputáronse a partir das 10:00 horas e ao longo de todo o día. Ao dispor de tres campo puidéronse xogar varios encontros de xeito simultáneo.