Solapas principales

O Arcebispo D. Julián Barrio inaugurou a restauración da capela da Virxe da Mercé de Lapido

Martes, 14 de junio de 2011

[14-06-2011] O Arcebispo D. Julián Barrio e o Párroco de San Xoán de Ortoño ofreceron onte unha homilía para inaugurar a restauración da capela da Virxe da Mercé de Lapido, na parroquia de Ortoño. O proxecto de rehabilitación desta ermida dedicada á Virxe da Merced dividiuse en tres etapas: obras do exterior, do interior e instalación eléctrica. O custe do proxecto inicial ascendía a máis de 21.000 euros que se conseguiron cos donativos de veciños e persoas anónimas, coa subvención do Arzobispado de 3.000 euros, con 1.500 euros que puxo a parroquia de Ortoño cos fondos parroquiais, con 999 euros da Deputación e con 3.365 euros do Concello para a Asociación de Veciños “Mercé de Lapido”.


A obra foi feita pola empresa "Construcciones Ferreira" con sede en Bugallido. Na realización do altar traballou o ebanista de Vedra "Cándido" que ten o seu taller en Barbude (A Estrada). As obras comezaron a primeira semana de abril e rematouse a última de maio polo que durou case dous meses.

Á primeira misa despois da restauración celebrada o luns 13 ás 19.30 da tarde asistiu o alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado de varios concelleiros e numerosos veciños da zona que non quixeron perder este acto. A Asociación de Veciños "Mercé de Lapido" quixo obsequiar ó Arcebispo cunha placa de recordo que lle foi entregada ó final da misa.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Lapido estrena su capilla rehabilitada"
El Correo Gallego: "La Virxe da Mercé reestrena su capilla amiense de Lapido"