Solapas principales

O Concello de Ames convoca unha xuntanza para plantexar unha posible solución ante a falta de prazas no CEIP Agro do Muíño

Miércoles, 11 de mayo de 2011

[11-05-2011] O Concello de Ames vén de convocar unha reunión para este mércores, día 11 de maio ás 19:00 horas, na biblioteca do CEIP Agro do Muíño a efectos de plantexarlle unha posible solución aos paias e nais dos nenos/as que non foron admitidos para o vindeiro curso 2011/2012 neste centro de ensino. No día de hoxe saíron as listas de admitidos de cara ao vindeiro curso escolar e no CEIP Agro do Muíño quedan sen praza para o próximo curso escolar un total de 37 neno/as de educación infantil e 14 nenos/as de primaria. Ademais, na tarde do luns, 9 de maio, as coordinadoras do departamento de Educación, Sandra Dios e Emilia Seara, reuníronse na Escola Infantil do Milladoiro coas familias dos 34 nenos e nenas que non foron admitidos nos centros escolares do Milladoiro. Nesta xuntanza acordaron instar á Consellería de Educación para que busque unha solución da forma máis urxente posible.

O Concello de Ames convocou unha xuntanza para mañá mércores 11 de maio, ás 19:00 horas, na biblioteca do CEIP Agro do Muíño para plantexarlle a postura municipal aos pais/nais dos nenos/as que non dispoñen de praza escolar neste centro de ensino de cara ao vindeiro curso 2011/2012. O alcalde de Ames, Carlos Fernández, manifestou que "no caso do CEIP Agro do Muíño existe terreo arredor do edificio para buscar algunha solución de carácter temporal como pode ser a instalación de módulos prefabricados".

O martes, 10 de maio, saíron as listaxes dos nenos/as que foron admitidos no CEIP Agro do Muíño de cara ao vindeiro curso escolar. Neste centro de ensino quedan sen praza para o próximo curso escolar un total de 37 neno/as de educación infantil e 14 nenos/as de primaria. Para tratar de buscarlle unha solución a esta falta de prazas o Concello pretende falar con pais e nais para chegar a un acordo consensuado con eles. O que está claro é a postura municipal. Segundo o manifestado polo rexedor municipal "os nenos e nenas de Ames deben ser escolarizados nos centros de ensino nos que solicitaron praza".

Ademais, a Escola Infantil do Milladoiro acolleu o luns pola tarde unha reunión de pais e nais afectados pola falta de prazas nos centros de ensino do Milladoiro, reunión á que asistiron as dúas coordinadoras do departamento de Educación, Sandra Dios e Emilia Seara. Un total de 34 rapaces e rapazas que rematan a educación infantil na EEI do Milladoiro vense abocados a desprazarse a outros centros escolares doutros concellos por non ter praza en ningún centro da localidade.

Tanto para as familias como para os responsables municipais o feito de trasladar diariamente aos nenos a colexios doutros Concellos supón un perigo de desarraigo importante. "Farán amigos e relacións lonxe e despois será moito máis difícil que se arraiguen en Ames", manifesta unha das nais afectadas. "Este Concello ten uns servizos de conciliación da vida laboral e familiar que non teñen os concellos da contorna onde poderían escolarizar aos noso fillos" manifesta Nani Santiago, outra das nais afectadas, que ademais engade que "para as familias é imposible, por exemplo, levar aos nenos aos Bos Días Cole e logo trasladalos a un centro de ensino que vai estar a varios quilómetros" .

Dende o Concello de Ames xa adiantan o seu posicionamento e inciden en que os nenos/as amienses deben ser escolarizados nos centros de ensino de Ames que solicitaron. Na reunión mantida onte na EEI Milladoiro tanto os pais/nais como as coordinadoras do departamento de Educación coincidiron en que os rapaces deben escolarizarse en Ames. Deste xeito acordaron instar á Consellería de Educación - tanto ao conselleiro como a xefa territorial- para que busquen unha solución urxente.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames acumula un déficit de cien plazas escolares"
El Correo Gallego: "Concello y padres buscan soluciones por la falta de plazas escolares en Ames"