Solapas principales

Este domingo rematan as sesións de baile para os maiores

Domingo, 01 de mayo de 2011

[01-05-2011] O programa de baile para os maiores chega ao seu fin. Esta iniciativa, que tivo un gran éxito entre os asistentes, celebra a súa última sesión este domingo na Casa da Cultura de Bertamiráns. A música en directo permitiu as persoas maiores de Ames pasasen unhas tardes máis divertidas durante uns seis meses. Esta actividade contou cunha gran acollida, xa que brindaba aos participantes a posibilidade de coñecer xente e pasalo ben nun ambiente festivo. A última cita será na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 19:00 horas e coa música en directo do dúo Zoco.

As sesións de baile para maiores comezaron o pasado mes de novembro. Esta iniciativa da Concellaría de Benestar Social e Igualdade presentou o programa coa finalidade de que os maiores gozaran dun espazo onde compartiran un tempo agradable con xente ma súa mesma condición. Os bailes contaron cunha gran aceptación entre os participantes xa que, efectivamente, é un estupendo reclamo para saír de casa e coñecer xente nunhas veladas cheas de ritmo.

Esta actividade enmárcase dentro da programación que ofrece Amessan e que se organiza co obxectivo de formar un espazo de encontro e de lecer para os veciños e veciñas maiores, así como os non tan maiores. A relación cos amigos, coñecer novas amizades... todo iso debe complementarse coas gañas e a enerxía que os asistentes traen da casa para facer destas sesións un gran éxito persoal e colectivo.

A última sesión desta temporada de bailes levase a cabo este domingo, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns coa música en directo do dúo Zoco. Este programa, que de desenvolveuse cada dúas semanas desde o pasado mes de novembro, acompañou ao longo de estes meses aos maiores amienses amenizando cada tarde dominical co ritmo da música en directo das mellores orquestras.

Este programa desenvolveuse nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro. O centro sociocultural de Bugallido tamén formou parte desta iniciativa e transformou as súas salas nunha pista de baile.

O repertorio musical estivo adaptado ao publico que ía bailar. Éxitos da súa época escoitáronse cada domingo de baile. Este domingo, os maiores terán a última sesión de baile desta tempada ao ritmo do dúo Zoco, que ofrecerá o seu mellor repertorio musical para o deleite de todos os que desexen bailar sen parar.