Solapas principales

A brigada municipal de obras reforza a súa plantilla coa contratación de catro novos operarios

Miércoles, 23 de marzo de 2011

[23-03-2011] A unidade operativa do departamento de Infraestruturas, Obras e Servizos Básicos está integrada por tres brigadas (a brigada de obras e servizos básicos, a brigada de parques e xardíns e a brigada de limpeza viaria) que realizan actividades de limpeza e desbroce ata o acondicionamento de recintos para actos oficiais ou de asociacións. Na actualidade, estas brigadas están compostas por 30 operarios, incluíndo as novas incorporacións. Para reforzar o servizo que presta este grupo de traballo contratouse a tres operarios máis e iniciouse un proceso selectivo para contratar a un/unha condutor/a do vehículo de limpeza industrial para a campaña intensiva de limpeza de cunetas, beiravías, bordes de pistas e camiños do viario municipal. Dous dos novos operarios integráronse na brigada de parques e xardíns, mentres que un está suplindo a un peón da brigada de limpeza varia que está de baixa.

Reparar as plaquetas que están soltas nas beirarrúas e prazas, arranxar o alumeado municipal, reparar as papeleiras que están rotas, pintar os valos dos parques infantís, acondicionar os espazos verdes do concello ou limpar e recoller o lixo naqueles lugares nos que non actúa a empresa adxudicataria deste servizo, Urbaser, son algúns dos traballos que realiza a brigada municipal de obras do Concello de Ames.

Algunhas das súas actividades son continuas no tempo, como son os casos de desbroce, de limpeza ou de transportes, que están planificadas de antemán e desenvólvense permanentemente. Outros traballos son puntuais, como é o caso daqueles referentes ás festas parroquiais, actos oficiais e actos das asociacións de veciños, que ademais soen ser máis amplos porque implican a varias brigadas traballando conxuntamente en cadansúa ocupación, como pode ser albanelería ou xardinería.

A meirande parte destes traballos, agás os xa mencionados que se realizan de forma permanente, funcionan en base a partes de traballos que se xeran por chamadas ao teléfono do Concello, revisións de persoal da concellaría de Obras e peticións que se solicitan no Concello por rexistro. Tamén se efectúan en base a informes da Policía local, notas internas e, ocasionalmente, chamadas de estrema necesidade. En total, dende comezos de ano xeráronse 487 partes de obra, dos cales se solucionaron 430 e ficaron pendentes de executar 57. A media de partes diarios recibidos é de 13, cun mínimo de 6 e un máximo de 20.

A composición da brigada é diversa, como corresponde aos traballos que leva a cabo. Nela hai camioneiros, electricistas, albaneis, xardineiros, operarios de limpeza viaria rural e varredoras, ademais dun pintor, un operario de almacén, un carpinteiro, un tractorista e un fontaneiro. As persoas que traballan nela dependen en función da contratación de cada quen, mais na actualidade son 30 os membros que conforman este grupo de traballo. A brigada conta cun encargado que depende dunha xefatura de departamento de Obras adscrita a esa Concellaría.

Para reforzar o servizo que a unidade operativa do departamento de Infraestruturas, Obras e Servizos Básicos contratouse a tres operarios e iniciouse un proceso selectivo para contratar a un/unha condutor/a do vehículo de limpeza industrial para a campaña intensiva de limpeza de cunetas, beiravías, bordes de pistas e camiños do viario municipal. Dous dos novos operarios integráronse na brigada de parques e xardíns, mentres que un está suplindo a un peón da brigada de limpeza varia que está de baixa.

Brigada de parques e xardíns

Nesta época do ano, a brigada de parques e xardíns, ten un aumento considerable do seu volume habitual de traballo xa que estamos na época de poda, transplante de plantas e arbustos, desbroce, plantación e sementado, corte de herba etc.

Normalmente dous dos integrantes da brigada de limpeza viaria axudan a esta brigada nesta época de ano, pero debido á demanda de maior calidade e frecuencia na limpeza viaria dos núcleos de Bertamiráns e Milladoiro naquelas zonas que están fóra do ámbito do contrato que este Concello ten coa empresa URBASER e, debido a que recentemente no Pleno celebrado o pasado 24 de febreiro non foi aprobada a ampliación do mencionado contrato, obriga a que sexa necesario contar con todo o persoal adscrito á brigada de limpeza viaria. Por iso, contratáronse dous novos peóns para a brigada de parques e xardíns para reforzar o servizo durante un período de seis meses.

Limpeza das pistas forestais

Ademais, todos os anos, nestas datas, iniciase a campaña intensiva de limpeza de cunetas, beiravías, bordes de pistas e camiños do viario municipal, consistente en realizar dúas quendas de traballo coa máquina rozadora, que posúe na actualidade o Concello, co fin de aproveitar o maior número de horas de luz, e que rematará a finais do mes de outubro. Para poder levar a cabo esta campaña, iniciouse un proceso selectivo co fin de contratar a un/unha condutor/a do vehículo de limpeza industrial. Deste xeito o Concello contará con dous condutores da máquina rozadora.

A brigada non realiza todos os traballos no Concello. Algúns, debido ao seu tamaño e ao persoal que require, contrátanse a empresas externas por medio da Concellaría de Obras. Ademais dos traballos e peticións reclamados pola veciñanza, a brigada tamén atende partes e peticións doutras Concellarías. Así, por solicitude dos departamentos de Educación e Cultura e Deportes, ao longo do ano rexístranse múltiples intervencións de mantemento en colexios e en áreas deportivas.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cuatro operarios se incorporan a la brigada amiense de obras y servicios"
El Correo Gallego: "Ames refuerza su brigada de obras con 4 operarios"