Solapas principales

Iniciase o proceso de contratación para ampliar a travesía de Covas dende o lugar de Capeáns ata a igrexa parroquial

Sábado, 12 de marzo de 2011

[12-03-2011] A Xunta de Goberno local vén de aprobar esta semana o inicio do expediente de contratación das obras de construción de beirarrúas dende o lugar de Capeáns ata a igrexa parroquial de Covas. Este proxecto terá un custo de 335.857 euros dos cales a Administración provincial achega 300.000 euros. O Concello de Ames terá que poñer a diferencia que son 35.857 euros. As obras levaranse cabo nun tramo de 500 metros e consistirán na ampliación do viario, así como na construción de beirarrúas en ambas as dúas marxes da calzada que disporán dun metro e medio de ancho como mínimo. Para poder executar esta obra chegouse a un acordo con todos os propietarios das fincas afectadas, que cederon gratuitamente o seu terreo, e non foi necesario realizar un proceso de expropiación forzosa.

O viario que vai dende o lugar de Capeáns ata a igrexa parroquial de Covas lucirá en pouco tempo un renovado aspecto que permitirá aumentar e mellorar a seguridade viaria nesta estrada. Para iso a Xunta de Goberno Local vén de aprobar esta semana o inicio do expediente de contratación das obras que recollen a construción de beirarrúas dende o lugar de Capeáns ata a igrexa parroquial de Covas. Deste xeito,os veciños e veciñas desta parroquia poderán andar por este tramo de estrada con maior tranquilidade e sen preocuparse do tránsito rodado.

Para levar a cabo este proxecto o Concello de Ame subscribiu un convenio de colaboración coa Deputación da Coruña o pasado 15 de setembro de 2010. Segundo se estipula no convenio entre ambas as administracións, a Deputación achegará 300.000 euros, que supoñen preto do 90% do importe total do investimento, que ascende a 335.857 euros, IVE incluído. O importe restante, 35.857 euros, achegarao o Concello de Ames.

Os traballos realizaranse con baldosa de formigón vibrado de 40 por 40, en ambas as marxes da estrada e as novas beirarrúas contarán unha anchura mínima de 1,50 metros, segundo se recolle no proxecto técnico que foi elaborado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos, Julio Rojo Martínez. As obras levaranse cabo nun tramo de 500 metros.

O proxecto tamén recolle a canalización para a recollida de pluviais cos seus respectivos pozos de rexistro e sumidoiros, así como a instalación da rede de distribución de baixa tensión. Como consecuencia das obras de ampliación do viario é necesaria a demolición e posterior reposición dalgúns peches existentes.

Cesión dos terreos

Para poder executar esta obra houbo que chegar a un acordo cos propietarios das fincas que lindan co viario que vai dende o lugar de Capeáns ata a igrexa parroquial de Covas. As parcelas afectadas por este proxecto son un total de 24 que pertencen a uns 20 veciños/as desta parroquia. Aínda que se iniciou un expediente de expropiación forzosa para execución das obras ao final non foi necesario realizar a devandita expropiación porque se chegou a un acordo con todos os veciños e veciñas afectados/as.

Estes cederon de xeito gratuíto os seus terreos para poder ampliar o viario e construír beirarrúas en ambas as dúas marxes da estrada. Todos os peches de vivendas e fincas ou calquera outro elemento que se vexa afectado polas obras e haxa que derribalo haberá que volver a construílo en idénticas ou similares condicións.

Coa execución deste proxecto dáselle continuidade aos traballos que xa desenvolveron no tramo que vai desde Ponte Loureiros ata o desvío de Capeáns, a través dos cales se ampliou o viario e se construíron beirarrúas nas dúas marxes da estrada. Deste xeito ampliase a travesía de Covas faltando por executar un terceiro tramo que vai dende a igrexa de Covas ata o cruce do Lombao, punto de conexión da travesía coa estrada Roxos-Portomouro.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames inicia la contratación de las obras de la travesía de Covas"
El Correo Gallego: "Ames inicia la contratación de las obras de la travesía de Covas"