[06-06-2011] A Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe a representación da obra teatral Lume da compañía Babaluva. A obra comeza as seis da tarde e vai dirixida a un público familiar e infantil, rapaces de dous a oito anos. Ten unha duración de trinta minutos e basease no conto de Alberto Varela Ferreiro que leva o mesmo nome. Larraitz e Mirari Urruzola, ao fronte da compañía, mesturan a técnica de contacontos cos monicreques de mesa. Deste xeito conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebrou onte. Este ano celébrase tamén o ano internacional dos bosques. A obra é un conto dun incendio que chega o lume ao bosque.
"Nun bosque onde vivían moitos animais algo sucedeu que fixo ladrar ó can.... a chama chegou con ganas de sementar lume no chan e fume no ceo. O can chamou a vaca, a vaca o corzo, o corzo a nai xabarín, a nai xabarín a landra, a landra preocupada foi ó moucho que avisou a araña. A araña veu o ourizo e o sapo alertou a garza que estaba comendo vermes. A oruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron o escaravello e o esquío. E así foi como axudándose uns a outros prepararon un plan para apagar o incendio que arrasaba o seu bosque..."
Con este contacontos comeza a peza teatral Lume, que a compañía Babaluva trae ata o noso Concello o día 6 de xuño. As portas do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro abriranse as seis da tarde para dar comezo a esta representación innovadora e creativa na que se mesturan os contos cos monicreques de mesa. Unha proposta de teatro de obxectos onde dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais, para contar unha historia de sensibilización medio ambiental.
A obra é unha adaptación do conto de Alberto Varela Ferreiro de Edicións Xerais, que leva o mesmo nome, incluíndo unha pequena introdución para mellorar a interactividade cos máis cativos. Está dirixida a un público familiar e infantil, rapaces de entre dous e oito anos e ten unha duración de trinta minutos nos que os rapaces gozan desta apaixonante historia. Os monicreques e os elementos escenográficos están construídos reutilizando obxectos que se transforman en animais. Técnica que levou a cabo Mariza Basso, especialista en teatro de obxectos, dende a dirección artística de Lume.
O elenco de actores está formado por Larraitz e Mirari Urruzola que son as dúas irmás que levan adiante a compañía Teatro Babaluva e que neste caso fan de actrices protagonistas como as dúas titiriteiras que representan a peza. Ademais de distintas colaboracións artísticas como as de Pepe e Lucho Penabade, Comercial Grupo Anaya/ Xerais, Xurxo Seara, Ramsés Romero, entre outros. A banda sonora é orixinal e está composta pola artista australiana Merran Laginestra, compositora de música contemporánea. Por outro lado, a fotógrafa galega Clara Miguélez plasmou a través das fotografías a mirada poética dos elementos do espectáculo.




