Solapas principales

>Preparando o Nadal de xeito natural

Sábado, 13 diciembre, 2025
De 11.00 a 18.00 horas

A Aula da Natureza vén de presentar a nova programación de actividades para este outono. Ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, organizarán diferentes actividades relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, unha ruta teatralizada, unha saída e exposición de herbas medicinais, obradoiros de cociña con alimentos propios desta estación e a quinta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

Preparando o Nadal de xeito natural
Durante o mes de decembro, co obxectivo de preparar o Nadal, a Aula da Natureza propón dous obradoiros. O primeiro deles, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, será o sábado 13, en horario de 11.00 a 18.00 horas, no que a rapazada aprenderá a elaborar bonecos de madeira. Para participar na actividade, é preciso realizar unha inscrición previa e hai 30 prazas dispoñibles.