Solapas principales

>Micoloxía en Ames

Domingo, 18 octubre, 2026
De 10.00 a 14.00 horas

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro organizarán diferentes actividades para poñer en valor o entorno natural de Ames e relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, obradoiros de cociña de outono, xornadas de recollida de lixo no rego do Ameneiral e no monte, unha ruta ambiental, un obradoiro de cosmética natural e maila sexta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Ao longo do mes de outubro, impartiranse sesións de “Micoloxía en Ames” para tódolos públicos da man de Jaime Blanco Dios.

Estas serán o domingo 18 e o sábado 31 de outubro en horario, de 10.00 a 14.00 horas. O punto de encontro será nas instalacións da Aula da Natureza.

Cada xornada conta con 40 prazas dispoñibles, e haberá servizo de autobús.