- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames e o colectivo A Rula organizan para o sábado, 5 de setembro, unha nova actividade de interpretación dos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra e de observación de estrelas, na que se vai a ver a relación existente entre diferentes constelacións e mitos, crenzas e tradicións relacionadas cos petróglifos. O punto de encontro será ás 20.30 horas no Bosque do Peregrino situado en Ventosa (Covas). Para participar nesta saída hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 40 prazas. A actividade estará impartida Antón Bouzas. Para esta actividade non hai servizo de autobús.
O sábado, 5 de setembro, o colectivo A Rula e o Concello de Ames organizan unha visita aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra, ambos os dous situados na área arqueolóxica da Ventosa e pertencentes ao conxunto do Parque Compostela Rupestre. Estes petróglifos son parte de máis dunha vintena de xacementos prehistóricos e protohistóricos repartidos por todo o municipio amesá.
Tanto o petróglifo da Peneda Negra como o de Monte Castelo foron descubertos a comezos de século XX por Óscar Lojo-Batalla Sampedro, ex-alcalde amesán durante a II República e que tivo unha estreita relación co patrimonio galego. En 1909 Oscar Lojo conduciu ata estas rochas ao acibecheiro santiagués Enrique Mayer e o debuxante Enrique Campo Sobrino, pertencente á sociedade pontevedresa, quen elaborou debuxos sobre os paneis para a súa exhibición na importante Exposición rexional celebrada en Compostela nese mesmo ano.
Mentres que o recordo da Peneda Negra mantívose, o petróglifo de Monte Castelo non foi redescuberto ata 2015, cando membros do Colectivo A Rula, procurando un acceso alternativo á Peneda Negra, encontraron de novo a rocha e recuperaron parte da súa memoria.
Nesta actividade combínase a visita aos petróglifos de Peneda Negra e Monte Castelo e unha observación do ceo nocturno, na que se vai a ver a relación existente entre diferentes constelacións e mitos, crenzas e tradicións relacionadas cos petróglifos. A actividade estará impartida Antón Bouzas, pertencente ao colectivo A Rula. Para esta actividade non hai servizo de autobús.
O punto de encontro será ás 20.30 horas no Bosque do Peregrino situado en Ventosa (Covas). Para participar nesta saída, que conta con 40 prazas, cómpre inscribirse, enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.





