Solapas principales

>Herbas medicinais: saída de campo

Sábado, 11 octubre, 2025
De 11.00 a 14.00 horas

A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, a través da Aula da Natureza, organiza unhas xornadas sobre plantas medicinais que se desenvolverán os días 10 e 11 de outubro. O venres 10, de 16.00 a 21.00 horas, haberá unha exposición de herbas medicinais na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ademais, haberá dúas visitas guiadas a dita exposición, a primeira ás 18.00 horas e a segunda ás 20.00 horas. O sábado 11, de 11.00 a 14.00 horas, farase unha saída de campo para o recoñecemento de plantas medicinais. Para esta actividade hai 50 prazas dispoñibles e hai que inscribirse previamente enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a súa programación de outono. Deste xeito, para os días 10 e 11 de outubro está previsto que a Casa da Cultura de Bertamiráns acolla unhas xornadas botánicas sobre plantas medicinais. Nestas xornadas botánicas abordaranse as principais características das plantas.

Ao longo da historia, as plantas medicinais pasaron de ser consideradas agasallos divinos a converterse en piares fundamentais da medicina e o benestar humano. Desde o seu uso en rituais en civilizacións antigas ata a súa integración na farmacoloxía moderna e o mercado das infusións, locións, ungüentos... A súa evolución demostra a súa importancia na vida cotiá.

Exposición de herbas medicinais 
O venres 10 de outubro, de 16:00 a 21:00 horas, na entrada da Casa da Cultura de Bertamiráns haberá unha interesante exposición de plantas medicinais, que estarán expostas nos seus respectivos recipientes con fichas explicativas de utilidades, propiedades, lendas e mitos. Esta iniciativa estará impartida por persoal da asociación Aquaignis.

Deste xeito, Samuel López Checa, director da asociación Aquaignis que realiza múltiples actividades relacionadas coa natureza, fará dúas visitas guiadas a dita exposición, a primeira ás 18:00 horas e a segunda ás 20:00 horas.

Saída de campo
Por outra banda, para o sábado 11 de outubro organízase un paseo botánico para recoñecer e identificar in situ as plantas medicinais máis frecuentes do noso concello, o seus nomes e usos dende a antigüidade. A saída de campo realizarase de 11:00 a 14:00 horas.

Para esta actividade hai 50 prazas dispoñibles e hai que inscribirse previamente enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo gratuíto de autobús, que sairá ás 10.00 horas dende Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:15 horas dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.