Solapas principales

> Aula da natureza: paseo botánico por Agrón

Sábado, 29 abril, 2023
Ás 11:00 horas

A Aula da Natureza organiza, para pechar o mes de abril, un paseo botánico por Agrón. Os participantes poderán observar os distintos tipos de árbores, como carballos, loureiros, freixos, amieiros ou pereiras bravas, variedades que forman parte do tesouro das fragas da parroquia. A actividade desenvolverase entre as 11:00 e as 13:30 horas, e está pensada para todos os públicos.  Haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:45 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O regreso farase arredor das 13:45-14:00 horas. Para anotarse é preciso enviar esta ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal