Solapas principales

>"Alfabeto Castelao" de Soledad Felloza

Viernes, 28 noviembre, 2025
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. 

Actividades para as crianzas dende setembro ata decembro
Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas.

O venres 28 de novembro, ás 18.00 horas, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá o espectáculo de Soledad Felloza "Alfabeto Castelao", unha proposta na que a través do abecedario, narraranse historias e contos para introducir a figura de Castelao.