Pestanas principais

>"Alfabeto Castelao" de Soledad Felloza

Venres, 28 novembro, 2025
Ás 18.00 horas

O programa Apego continúa coa súa programación de actividades para as crianzas nestes meses de outono. Nesta ocasión, organizan o vindeiro venres 28 de novembro ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a sesión de contos “Alfabeto Castelao”, de Sole Felloza. Deste xeito, o programa Apego, súmase á celebración do Ano Castelao cunha sesión de contos a cargo dunha das mellores contadoras do país. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 20 de novembro, ata o xoves día 27. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

O proxecto Apego segue a organizar diferentes propostas lúdicas para as crianzas nestes derradeiros meses do ano. Desta volta, súmase á celebración do Ano Castelao cunha sesión de contos a cargo dunha das mellores contadoras do país, Soledad Felloza. A actividade de balde, para familias con crianzas a partir de 3 anos, será o venres 28 de novembro, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

Nesta actividade tecerase un camiño cheo de historias, emocións e contos que nos introducirán dun xeito lúdico e divertido no universo Castelao, unha das figuras máis importantes de Galicia que defendeu sempre a necesidade de divulgar a arte e a cultura propia na lingua do país.

O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, 20 de novembro, ata o vindeiro xoves, día 27. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.