Solapas principales

>1m² contra a basuraleza

Domingo, 1 noviembre, 2026
De 11.00 a 13.00 horas

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro organizarán diferentes actividades para poñer en valor o entorno natural de Ames e relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, obradoiros de cociña de outono, xornadas de recollida de lixo no rego do Ameneiral e no monte, unha ruta ambiental, un obradoiro de cosmética natural e maila sexta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

1m² Contra o Lixo é a principal mobilización cidadá do Proxecto LIBERA para retirar e caracterizar os residuos abandonados en espazos naturais. 

Esta recollida solidaria é apta para tódolos públicos e ten como punto de partida a Casa do Concello.