Solapas principales

InnovAmes 2024

O Concello de Ames e Maker Faire Galicia organizan a terceira edición de InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 26 de xaneiro de 2024 no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames.