Agenda

Por ejemplo, 18-07-2024
Jueves, 18 de julio de 2024

Dentro do programa "Seráns de Ames", o xoves 18 Bugallido acollerá o espectáculo de danza-circo “A vida tola de Pajarito”, ás 20:00 horas, no campo da festa.

Viernes, 19 de julio de 2024

O vindeiro venres, 19 de xullo, o concello de Ames acollerá unha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza.

Sábado, 20 de julio de 2024

Os Concellos de Ames e Negreira únense un ano máis para organizar unha nova edición do programa Noites en Vela, que terá lugar o sábado 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, na Ponte Maceira.

Jueves, 01 de agosto de 2024

O xoves 1 de agosto os "Seráns de Ames" trasládanse a Tapia,  coa sesión de xogos “Xogos do Paporrubio” ás 17:30 horas, e o espectáculo de títeres “Varietés do Animalario”, ás 19:30 horas.

Jueves, 01 de agosto de 2024

O xoves 1 de agosto os "Seráns de Ames" trasládanse a Tapia,  coa sesión de xogos “Xogos do Paporrubio” ás 17:30 horas, e o espectáculo de títeres “Varietés do Animalario”, ás 19:30 horas.

Viernes, 02 de agosto de 2024

A localidade do Milladoiro acolle un ano máis o festival Millarock, que chega á súa décimo terceira edición. O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, busca promover o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Esta cita musical celebrarase o vindeiro 2 de agosto no anfiteatro do Milladoiro, onde actuarán os grupos Dakidarría, Agoraphobia, Biribirlocke e Onda Dagda. O persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargarase dos concertos didácticos e da impartición de obradoiros musicais. Nas vindeiras semanas iranse desvelando máis detalles sobre o cartel do Millarock.

De Viernes, 02 de Agosto de 2024 hasta Martes, 06 de Agosto de 2024

Durante a primeira semana de agosto, o Milladoiro celebra as festas da Madalena, que comezarán o venres 2 co festival Millarock, seguido da actuación de Requinta da Amaía e a orquestra Metrópolis o sábado 3, Airiños do Paseo de Colón xunto coa Banda de música de Brión e o Combo Dominicano o domingo 4, e a actuación das orquestras Panorama e Gran Parada os días 5 e 6 respectivamente.

Sábado, 03 de agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal,  tamén as distintas parroquias do concello celebrarán as súas festas patronais durante o mes de agosto. O sábado 3,  Tapia inaugurará as súas festas patronais con Airiños do Paseo de Colón. Ao día seguinte, o día 4, actuará a Requinta da Amaía.

Domingo, 04 de agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal,  tamén as distintas parroquias do concello celebrarán as súas festas patronais durante o mes de agosto. O día 4,  o coro Antonio Santomil chegará a Covas para celebrar a festa da Virxe do Carme.

De Miércoles, 07 de Agosto de 2024 hasta Domingo, 11 de Agosto de 2024

Bertamiráns dará comezo ás festas da Peregrina o mércores 7 da man da orquestra París de Noia. O xoves 8 será a quenda da orquestra Los Satélites. Deseguido, chegarán Guadi Galego e La Banda de Ayer o venres 9,  e a Requinta da Amaía e a Coral Lojo Batalla xunto con Los Coleguitas o sábado 10. As festas rematarán o día 11 coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, da Banda de música de Lousame e da orquestra Tania Veiras.