Avisos

Por ejemplo, 12-11-2026
Por ejemplo, 12-11-2026
Jueves, 30 mayo, 2024
O Concello de Ames pon a disposición das persoas con dificultade de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións ao Parlamento Europeo que se celebran o domingo 9 de xuño de 2024. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co persoal da Oficina de Voluntariado de Ames chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ata o xoves 6 de xuño, para facer a reserva do servizo. O transporte adaptado ofrece o servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio. Consulta o bando informativo que está ao pé deste aviso.
Jueves, 30 mayo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, fai pública a listaxe co resultado do sorteo público de dez prazas para para participar nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña, que terán lugar do 7 ao 12 de xullo no IES Rosalía Mera, na Coruña.
Miércoles, 29 mayo, 2024
Desde o 27 de maio, e ata o venres 7 de xuño, estará aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2024-2025. A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, sen necesidade de solicitar cita previa. Está previsto que as clases comecen o 16 de setembro.
Viernes, 24 mayo, 2024
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre o prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2024. Este servizo está dirixido á rapazada que estea cursando os niveis de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar aos nenos/as e mozos/as das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia, e fomentar a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito saudable ao tempo que os achega ao medio natural, ao deporte e á cultura.
Viernes, 24 mayo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 24 mayo, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 21 mayo, 2024
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Xuventude, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para participar no programa municipal de Campamentos de verán 2024. Unha vez publicadas as listas definitivas e mailas listas co resultado do sorteo, a partir do 22 de maio poderase facer a matrícula nos campamentos de verán.
Martes, 21 mayo, 2024
Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Tras a primeira fase de recepción dos cidadáns e da documentación, que se fará o día 20 de xuño, os integrantes do equipo móbil da Policía Nacional procederán á impresión física dos DNIs na oficina central de Santiago. Posteriormente, volverán a Ames para entregalos o 21 de xuño. É preciso que os cidadáns acudan de xeito presencial en ambas fases do proceso.
Jueves, 16 mayo, 2024
O alcalde, Blas García, recorda mediante un bando que as persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos. Pódese conultar o bando completo ao pé deste aviso.
Jueves, 16 mayo, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames da interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 23 de maio na urbanización Pedra Dourada, no lugar de Ventosa, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.