Avisos

Por ejemplo, 14-11-2026
Por ejemplo, 14-11-2026
Martes, 15 septiembre, 2026
O Concello de Ames vai celebrar por oitavo ano consecutivo a Semana Europea da Mobilidade, que neste 2026 se desenvolverá no municipio o venres 25 e o sábado 26 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa e sostible. Deste xeito, o programa inclúe unha marcha ciclista nocturna cun traxecto de 8 quilómetros que se desenvolverá o día 25 de setembro. O prazo de inscrición para participar xa está aberto, só é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Na organización desta actividades colaboran a Policía Local, a Agrupación de Protección Civil, e a área de Educación viaria da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.
Lunes, 14 septiembre, 2026
Co motivo do Campionato do Mundo 100 km que se celebrará o vindeiro, 20 de setembro nos arredores da Casa do Concello de Bertamiráns, infórmase:
Viernes, 11 septiembre, 2026
A Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado, de 22 de maio, así como o Real Decreto 1398/1995, de 4 de agosto, modificado polos Reais Decretos 2067/1996, de 13 de setembro e 1271/2012, de 31 de agosto, establecen o procedemento legal para a formación das listas de candidatos a xurados.
Viernes, 11 septiembre, 2026
Este venres, 11 de setembro, é o último día para inscribirse nos obradoiros de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento!”, unha iniciativa que busca aproximar a veciñanza á lingua e á cultura galegas dun xeito práctico e progresivo, así como favorecer a cohesión social e a integración das persoas procedentes de fóra de Galicia. Bertamiráns e O Milladoiro acollerán cadanseu obradoiro, de case un mes de duración, con sesións de dúas horas e en horario de mañá, de luns a xoves.
Viernes, 11 septiembre, 2026
Fanse públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas para os servizos de Bos Días Cole, Comedor e Tardes divertidas para o curso 2026/2027. Deberase consultar o número de rexistro da presentación da renovación ou matrícula.
Viernes, 11 septiembre, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 11 septiembre, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 9 septiembre, 2026
O Concello de Ames informa que o luns, 14 de setembro, comeza a actividade lectiva na Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2026-2027. Deste xeito, o alumnado matriculado na EMMA comezará as clases no horario indicando no momento de facer a matrícula.
Miércoles, 9 septiembre, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 7 septiembre, 2026
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 8 de setembro, no Milladoiro, na Travesía do Porto, ao carón do novo centro de saúde. O horario de atención será de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Un alento de vida”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue durante o verán xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.