Solapas principales

O luns 14 setembro comenza o curso 2026-2027 na Escola Municipal de Música de Ames

Miércoles, 9 septiembre, 2026
O Concello de Ames informa que o luns, 14 de setembro, comeza a actividade lectiva na Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2026-2027. Deste xeito, o alumnado matriculado na EMMA comezará as clases no horario indicando no momento de facer a matrícula.

As clases impártense no Edificio Multiusos de Aldea Nova. Durante o curso seguirase o calendario escolar, polo que non haberá clases nas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

A EMMA emprega a aplicación Tokapp para o envío de avisos, polo que se recomenda ao alumnado e/ou familias que descarguen esta aplicación no número de teléfono indicado na solicitude da matrícula.

Prazo de inscrición extraordinario 
Por outra banda, hai que recordar que está aberto o prazo extraordinario para a solicitude das prazas que quedaron libres en Música e movemento para o vindeiro curso 2026-2027. Ao ser un período extraordinario, as prazas adxudicaranse por orde de rexistro de entrada. 

As persoas interesadas terán que facer a solicitude a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais. Premendo nesta ligazón podes obter máis información.