Avisos
Miércoles, 12 noviembre, 2025
Segundo a Rede de Aforos de Augas de Galicia, a estación SAR - BERTAMIRÁNS superou o limiar de prealerta, podendo por tanto producirse enchido das canles e desbordamentos.
Martes, 11 noviembre, 2025
O Concello de Ames informa que debido ás condicións meteorolóxicas adversas de choiva e vento previstas para este martes, 11 de novembro, quedan suspendidas todas as actividades deportivas que se practican ao aire libre en instalacións municipais. Ante calquera incidencia provocada por esta serie de fenómenos meteorolóxicos adversos pode informar chamando á Policía Local de Ames ou á Agrupación de Protección Civil nos teléfonos 619 767 575 ou 673 178 888.
Lunes, 10 noviembre, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar destinado ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2025-2026). O prazo de presentación de solicitudes está aberto deste o 30 de outubro ata o vindeiro xoves 13 de novembro, 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 6.919,89 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno.
Viernes, 7 noviembre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 7 noviembre, 2025
O vindeiro martes 11 de novembro, a partir das 8.00 horas, estará prohibido estacionar na zona valada do aparcadoiro do supercor, no Milladoiro, con motivo da colocación da árbore de Nadal na localidade.
Viernes, 7 noviembre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 6 noviembre, 2025
A Aula da Natureza do Concello de Ames volve con novas actividades para os meses de outono e inverno. Nesta ocasión, organiza a actividade “Cociña de Outono”, composta por tres xornadas, para promover o uso de produtos propios desta época do ano como son a cabaza, as castañas e as laranxas, que serán a base das receitas que se elaboraran nestas tres citas. Este sábado, 8 de novembro, terá lugar unha segunda sesión do obradoiro de biscoito de cabaza, dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Será en horario de 11.00 a 13.30 horas, na instalación que a Aula da Natureza ten na Ameixenda. Estes obradoiros están impartidos por persoal da Escola de pastelería infantil Dolci e Bambini.
Martes, 4 noviembre, 2025
Ante as informacións xornalísticas que apuntan á existencia dunha nova vertedura de augas residuais ao río Sar, o Concello de Ames informa que:
Lunes, 3 noviembre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 8 de novembro, organízase un obradoiro de crema hidratante que impartirá Benxamín. Nesta actividade, impartiranse técnicas de cosmética natural para poder aprender a realizar as nosas propias cremas. Dito obradoiro impartirase de 11.30 a 12.30 horas.
Lunes, 3 noviembre, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio da listaxe definitiva de admitidos/as no proceso selectivo para creación dunha bolsa de agarda para o posto de técnico informático do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 4 de 153
- siguiente ›




