Avisos
Viernes, 24 enero, 2025
A andaina saudable, que percorre a terceira etapa do Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía, programada para o día de mañá, sábado 25, queda adiada debido as condicións metereolóxicas adversas previstas para a xornada de mañá. Anunciarase unha nova data para realizar a actividade nas vindeiras semanas.
Martes, 1 octubre, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes e Promoción da Saúde, fai públicas as listaxes de persoas admitidas nas clases de taichi/chi kung que se impartirán tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Estas sesións forman parte da oferta de actividades da Escola da Saúde.
Lunes, 15 enero, 2024
A Concellería de Deportes e Promoción da Saúde, a través do programa Ames Saudable, organiza un obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. Esta actividade, dirixida a persoas maiores de 18 anos, desenvolverase ao longo de 8 sesións de 1 hora 45 minutos de duración que comezarán o martes 16 de xaneiro. O obradoiro estará impartido polo psicólogo e instrutor da técnica, Juan Carlos Permuy, e terá lugar os martes 16:30 a 18:15 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Esta maña realizouse o sorteo para determinar as 15 persoas que obteñen praza para dito obradoiro. Ao pé deste aviso podes consultar o documento co resultado do sorteo.
Viernes, 13 octubre, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da Saúde, informa sobre o resultado do sorteo para as actividades de ioga terapéutico que se van impartir en Bertamiráns (mañá e tarde) e no Milladoiro. As primeiras 12 persoas son as admitidas en dita actividade, mentres que as restantes quedan en lista de agarda. O ioga terapéutico impártese dentro da programación da Escola de Saúde e dará comezo o 23 de outubro. No pavillón polideportivo do Milladoiro terá lugar os luns e mércores, de 10:00 a 11:00 horas, mentres que en Bertamiráns será no Pazo da Peregrina, os martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas e os luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas.
Viernes, 6 octubre, 2023
Xa está aberto o prazo de inscrición nas clases de ioga terapéutico que organiza a Concellería de Promoción da Saúde. Poderaste anotar ata o xoves 12 de outubro ás 14.00 horas, cubrindo o formulario de inscrición. Esta actividade impartirase no Milladoiro e Bertamiráns.
Sábado, 30 septiembre, 2023
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde organiza, un ano máis, as clases de taichi tradicional e de chi king, que se enmarcan dentro do novo curso da Escola de Saúde. Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso podes descargar os documentos de asignación de prazas, trala realización do correspondente sorteo, para a actividade de taichi e chi kung da Escola de Saúde.
Viernes, 7 octubre, 2022
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde informa da listaxe de persoas admitidas no obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. O obradoiro conta con 15 prazas. Debido a que houbo máis inscrición que prazas ofertadas houbo que realizar un sorteo. Publícanse dous documento: un no que se reflicten as 15 persoas admitidas e outro no que están ao comezo de documento as persoas admitidas e despois as persoas que quedan en lista de agarda.
Miércoles, 28 septiembre, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, informa sobre o resultado do sorteo para as actividades de ioga terapéutico que se van impartir en Bertamiráns (mañá e tarde) e no Milladoiro. As primeiras 10 persoas son as admitidas en dita actividade, mentres que as restantes quedan en lista de agarda. Esta actividade impártese dentro da programación da Escola de Saúde.
Martes, 19 abril, 2022
Con motivo do Día mundial da Saúde, que se celebra todos os anos o 7 de abril, a Concellaría de Promoción da Saúde preparou unha programación específica para celebrar o Mes da Saúde en Ames. Do 19 ao 22 de abril haberá diversas actividades no interior do Pazo da Peregrina ou nos xardíns do Pazo impartidas por diferentes asociacións e polo propio Concello. A programación pecharase o sábado, 23 de abril, coa II Feira da Saúde e Ben-Estar de Ames e coa primeira xornada sobre saúde mental infanto-xuvenil de Ames, Coidados á mente. Tamén o sábado 23 na Casa da Cultura de Bertamiráns haberá un Xantar solidario.
De Miércoles, 2 Junio, 2021 hasta Jueves, 10 Junio, 2021
Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, as sesións de ioga terapéutico realizaranse ao aire libre. Os luns e mércores no entorno da piscina municipal do Milladoiro e, os martes e xoves, nos xardíns do Pazo da Peregrina . O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 10 de xuño. Para anotarse debése enviar a ficha de inscrición ao correo electrónico promocióndasaude@concellodeames.gal ou chamando oa 649 450 264.
- 1 de 2
- siguiente ›