Solapas principales

Teléfonos e correos electrónicos de contacto dos departamentos municipais e da Deputación da Coruña

Lunes, 15 junio, 2020
O Concello de Ames recorda que está pechada a atención presencial nas oficinas municipais, agás naqueles servizos que son considerados esenciais: oficinas xerais de rexistro de Bertamiráns e do Milladoiro; servizo municipal de novas tecnoloxías; servizos sociais; brigada municipal de obras; brigada municipal de medio ambiente; cemiterio municipal; seguridade e emerxencias; servizo de conserxería; e servizo de limpeza municipal.
A atención nos servizos municipais realízase unicamente a través do teléfono e de xeito telemático. Para acudir en persoa aos servizos esenciais é necesario dispor de cita previa, polo que haberá que chamar por teléfono para obter cita, antes de acudir de xeito presencial. Para presentar documentación por rexistro utilizarase o Rexistro Telemático, accesible dende a Sede electrónica do Concello.

Multimedia