Pestanas principais

Para acudir a facer trámites presenciais ás oficinas municipais é necesario sacar cita previa

Luns, 28 setembro, 2020
O Concello de Ames recorda que para poder acudir ás oficinas municipais a realizar calquera tipo de trámite, de xeito presencial, é necesario sacar cita previa antes de acudir. Para iso ponse a disposición da veciñanza unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais.
Ademais, dende o pasado día 3 de agosto está activo na Sede electrónica do Concello de Ames un sistema online para a obtención de cita previa, imprescindible para realizar trámites presenciais relacionados co Rexistro Xeral de Entrada, Padrón municipal e trámites a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). O obxectivo desta medida é, por unha banda facilitarlles aos veciños e ás veciñas a obtención de cita previa e que o poidan facer dunha forma rápida e áxil, e por outra optimizar o traballo dos empregados/as públicos.

Premendo nas imaxes que están ao pé deste aviso podes obter máis información sobre o sistema online para a obtención de cita previa e sobre a listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais. Para presentar documentación por rexistro pódese utilizar o Rexistro Telemático, accesible dende a Sede electrónica do Concello de Ames.

Multimedia