Para solicitar a tarxeta de usuario/a é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada escaneada (tamaño carné por cada usuario novo ou se fose necesario renovala) e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria.
A folla de autoliquidación pode solicitarse nas oficinas de recadación (en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6; ou no Milladoiro, na rúa Viorneira, número 6) ou no correo electrónico ames@canaltributos.com. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 88 48 96. Os/as usuarios/as tamén poderán tramitar directamente a súa autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.
Dende o Concello solicítase que, na medida do posible, as/os usuarias/os descarguen a documentación desde a páxina web e que soliciten a folla de autoliquidación por correo electrónico para despois facer o correspondente pago. Unha vez recibida toda a documentación, enviaranse nun prazo de 5 días, o carné actualizado nun documento PDF.
Prezos dos abonos
Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros; o individual para toda a tempada, de 14 euros, e o abono de tempada para menores de 18 anos, de 7 euros.
Tamén haberá abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 euros para menores de 18 anos. Os menores de 4 anos están exentos de pago. O terceiro irmán/a en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50%. Ademais existen exencións de taxas nos abonos, sempre e cando se conte con informe de Servizos Sociais.
Os interesados/as poden solicitar máis información chamando ao número de teléfono 981 535 940 (oficina de Deportes do Milladoiro) ou no número de teléfono, 619 842 504 (na oficina de Deportes de Bertamiráns), en horario de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 horas.
>>ACCEDE AO TRÁMITE DE SOLICITUDE DO CARNÉ DE USUARIO/A DAS PISCINAS DESCUBERTAS