Solapas principales

Quedan prazas dispoñibles para os cursos que organiza a Aula de informática do Milladoiro no mes de decembro

Miércoles, 30 noviembre, 2022
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza durante o mes de decembro varias actividades de xeito presencial e en liña. Aínda estás a tempo de inscribirte nestas actividades.

A programación que se imparte na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro faise de xeito presencial, pero tamén hai actividades en liña que se imparten de xeito simultáneo na Aula CeMIT de Bertamiráns e na AMTIC.

Durante o mes de decembro hai programados dous cursos que se van impartir de xeito presencial. O primeiro será sobre compras seguras en internet para maiores de 18 anos, que se vai impartir o 13 e 15 de decembro, de 10.00 a 11.30 horas. Para os nenos e nenas haberá un obradoiro de felicitacións de Nadal con scratch. Realizarase os días 16 e 27 de decembro para nenos e nenas de 7 a 12 aos e os días 28 e 29 de decembro para rapaces e rapazas que teñen de 13 anos en diante. Esta actividade impartirase en ambos casos en horario de 11.00 a 12.30 horas. Para os cursos de decembro tamén se ofertan 12 prazas.

Actividades en liña
Por outra banda, vaise a impartir unha actividade en liña. Os días 12 e 14 de decembro realizarase un curso sobre compras seguras en liña, para persoas maiores de 18 anos, en horario de 16.30 a 18.00 horas.

Ademais, organízanse actividades complementarias como o evento tecnolóxico “Día da AMTIC”, que se vai desenvolver o 10 de decembro na Casa da Cultura do Milladoiro.

Inscricións nos obradoiros
As inscricións poden realizarse na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, sitiada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas (durante o horario de realización dos cursos non haberá Aula Aberta) ou enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940, ou escribir ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Multimedia