Solapas principales

O departamento de Persoal publica a lista definitiva de persoas admitidas na selección dun / dunha axente de innovación local

Martes, 22 marzo, 2022
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, publica a lista definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo para a selección e a contratación dun / dunha axente local de innovación, como persoal laboral temporal na modalidade de obra ou servizo, para a execución do programa Innova Ames. Ademais, fíxose pública a composición do tribunal e o lugar, data e hora de realización do exercicio. Será o 29 de marzo, ás 16:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns.