Avisos

Por ejemplo, 07-06-2024
Por ejemplo, 07-06-2024
Lunes, 6 mayo, 2024
Ata o 20 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa impartirase no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro e CEP de Ventín, no Milladoiro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.
Lunes, 6 mayo, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes de admitidos/as das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2024-2025. Deste xeito, abre o prazo de información pública durante 10 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula, que abrangue do 1 a o 17 de xuño, para formalizar a matrícula
Lunes, 6 mayo, 2024
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2024. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Haberá que comprobar o código asignado a cada usuario/a para saber se está admitido/a no campamento que fixo a inscrición. Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas. Posteriormente, o 16 de maio publicaranse as listas de admitidas/os definitivas. A información completa sobre o proceso de matrícula pódese consultar nas bases do programa.
Viernes, 3 mayo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 3 mayo, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 2 mayo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a proposta do tribunal do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres peóns/as para o departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames subvencionada a través do Programa PEL Concellos 2024.
Jueves, 2 mayo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Alcaldía, fai público o anuncio sobre o inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames. Pódense consultar as bases da convocatoria no documento que aparece ao pé da información.
Jueves, 2 mayo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co desistimento do acordo polo que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Ames contida na oferta de emprego público do ano 2023.
Martes, 30 abril, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publicou no DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4), que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024.
Martes, 30 abril, 2024
A partir do vindeiro xoves, 2 de maio, estará aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2024-2025. A solicitude poderase realizar ata o venres 10 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro.