Avisos

Ex., 22-02-2020
Ex., 22-02-2020
Venres, 21 febreiro, 2020
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 21 febreiro, 2020
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás obter os menús que se servirán no almorzo e xantar do programa Entroido Lúdico. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 24, 25 e 26 de febreiro nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 18 febreiro, 2020
A Concellaría de Deportes fai pública a listaxe de prazas libres para apuntarse nas Escolas Deportivas municipais.
Venres, 14 febreiro, 2020
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de usuarios/as admitidos/as no programa Entroido Lúdico. Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás consultar as listas de Bertamiráns e do Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.
xoves, 13 Febreiro, 2020 a venres, 21 Febreiro, 2020
A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta unha nova edición do curso English Today!, orientado a un coñecemento práctico do idioma para o uso cotiá. O curso impartirase entre o 2 de marzo e o 28 de maio, os luns e xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns, e os mércores e venres na Casa da Cultura do Milladoiro. As aulas terán unha duración de dúas horas, desenvolvéndose de 20.00h a 22.00 horas. Dirixido a persoas maiores de 16 anos, o curso conta con prazas limitadas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia os/as mozos/as de 16 a 30 anos. O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 13 de febreiro e permanecerá aberta ata o 21 deste mes.
venres, 7 Febreiro, 2020 a luns, 24 Febreiro, 2020
O servizo desenvolverase os días 6, 7, 8 e 13 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa, durante as cales se organizarán varias actividades educativas e culturais destinadas aos cativos e cativos da casa. Ao pé desta nova tes toda a información necesaria para a inscrición, cuxo prazo remata o 24 de febreiro.
Mércores, 5 febreiro, 2020
O luns, 24 de febreiro, o Concello de Ames celebra a novena edición da Festa de Entroido. Este ano esta celebración realizarase a partir das 17:00 horas, no aparcadoiro da Travesía do Porto, que está situado no Milladoiro. As inscricións para o concurso de disfraces poderanse realizar ata as 11:00 horas do propio día da Festa de Entroido. Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás acceder ao apartado de trámites, onde poderás obter as bases do concurso de disfraces e os impresos de inscrición.
Martes, 4 febreiro, 2020
O Concello de Ames entregou 150 boletos a cada establecemento inscrito no XIV Concurso de Escaparates do Concello de Ames Nadal 2019 para que foran distribuídos entre a súa clientela. Despois da realización do sorteo na reunión do xurado que se desenvolveu o pasado luns, 27 de xaneiro, estas son as persoas agraciadas cun talón bancario por importe de 100 euros para a realización de compras nos establecementos comerciais de Ames:
Xoves, 30 xaneiro, 2020
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuarios/as admitidos/as no programa Entroido Lúdico. Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás consultar as listas de Bertamiráns e do Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.
Luns, 27 xaneiro, 2020
Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios municipais. A partir do día 28 de xaneiro pasarase o cobro dos recibos dos servizos de Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas, correspondentes ao mes de decembro de 2019.