Solapas principales

Actualización dos horarios do servizo de transporte metropolitano cunha nova ampliación das empresas Ferrín e Monbus

Lunes, 15 junio, 2020
O Concello de Ames achega información sobre a ampliación dos horarios do servizo de transporte metropolitano dende este xoves, 11 de xuño de 2020. Neste aviso podense consultar os horarios das liñas que operan no termo municipal de Ames. Este servizo de transporte metropolitano depende da Consellería de Mobilidade da Xunta de Galicia. Os horarios foron ofrecidos polas empresas que prestan o servizo.

Para dispor de ditos horarios o Concello de Ames realizou un contacto directo coas compañías de transporte para coñecer os servizos actuais, os cales advírtense que serán temporais e poden sufrir variacións ao longo dos vindeiros días. Preme na ligazón que está ao pé deste Aviso para consultar a ampliación dos horarios do servizo de transporte metropolitano dende este xoves 11 de xuño.

Novas medidas no uso do transporte:
-Poderanse usar a totalidade dos asentos. Cando o nivel de ocupación o permita procurarase a máxima separación entre os usuarios/as.

-Cando existan plataformas habilitadas para o transporte de viaxeiros de pé, manterase unha referencia de ocupación de dous usuarios por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé, debendo procurarse, en todo caso, a maior separación entre os pasaxeiros.

-Así mesmo, lémbrase a obrigatoriedade de usar máscaras dentro do medio de transporte.

Multimedia