Pestanas principais

Horarios especiais do transporte metropolitano durante o estado de alarma

Mércores, 1 abril, 2020
Debido ao estado de alarma no que nos atopamos, o servizo de transporte metropolitano vese reducido ao 50% con modificación de horarios e quendas. Este servizo de transporte metropolitano depende da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia. Ademais, o Concello solicítalle á Xunta que publique na web de mobilidade a información actualizada sobre o transporte metropolitano.

Ao longo destes días a veciñanza de Ames está a solicitar información acerca dos horarios sen que desde o Concello se tivese información dos mesmos. O pasado venres o Concello de Ames dirixiuse á dirección de mobilidade para solicitar a información dos novos horarios que non se atopaban na páxina web. A única información facilitada foi o nome das empresas que realizan o transporte metropolitano en Ames para que nos poñamos en contacto directo coas mesmas.

O Concello realizou un contacto directo coas compañías de transporte para coñecer os horarios e servizos actuais, os cales advírtense que serán temporais e poden sufrir variacións ao longo dos vindeiros días.

Monbus
Días laborais: A liña entre Santiago e O Milladoiro terá catro servizos, tres de mañá e un de tarde, mentres que as de saída do Milladoiro en dirección Santiago serán catro de mañá, unha a primeira hora ás 7:30 horas.

No caso da liña entre Santiago e Bertamiráns as frecuencias serán dúas, unha de mañá e tarde dirección Bertamiráns, e dúas de mañá dirección Santiago.

Ferrín
A liña Santiago-Negreira manterá dous servizos de mañá en ambas direccións e non terá servizo en fins de semana.

Arriva
A conexión Santiago-Ribeira con paso polo Milladoiro terá unha saída ás 7:00h da mañá desde Santiago, e outra ás 15:00 horas. A volta desde Ribeira será ás 6:00h e 15:00 horas.

Autobuses de Calo
Manteranse as liñas entre Santiago-Firmistáns, Santiago-Luou, Santiago-A Silva, O Milladoiro-Bertamiráns, rotonda das Viñas-Santiago e as circulares de Luou, Raíces e Firmistáns.

Todos estes horarios poderanse consultar na web do Concello e poden sufrir modificacións ao longo dos vindeiros días. Premendo nesta ligazón podes consultar o documento PDF completo dos horarios.

O Concello de Ames solicitaralle á Xunta de Galicia que se publiquen na páxina web de mobilidade, como responsables do contrato. Toda a información actualizada é de doado