- Tematica
O censo electoral inclúe aos electores que cumpran as seguintes condicións:
-Estar empadroado neste concello con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2023 (data de actualización do censo).
-Ter cumprido os 18 anos antes do 29 de maio de 2023.
-Non estar privado do dereito de sufraxio activo.
-Ter nacionalidade española.
-Cidadáns da Unión Europea que manifestasen a súa vontade de votar en España nas Eleccións Municipais, con anterioridade ao 30/01/2023 (unicamente poderán votar nas eleccións municipais).
-Cidadáns estranxeiros, non comunitarios, de países con acordo de reciprocidade sobre participación nas eleccións municipais que solicitaran a súa inscrición no censo electoral entre as datas 01 de decembro de 2022 e 15 de xaneiro de 2023 (unicamente votarán nas eleccións municipais).
Información complementaria
A cidadanía que reunindo os requisitos non figuren no censo electoral ou consten con datos erróneos, poderán presentar a correspondente reclamación para estas eleccións unicamente no período de exposición comprendido entre o 10 e o 17 de abril (ambos inclusive).
A resolución das reclamacións realizarase pola Oficina do Censo Electoral nun prazo de tres días a contar dende a súa recepción.
As rectificacións ao censo electoral expoñeranse ao publico o día 21 de abril.
Fundamento legal
Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño do réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro.