Pestanas principais

Exposición pública do censo electoral polas eleccións locais de 2023

Mércores, 5 abril, 2023
Con motivo da convocatoria de Eleccións Locais que terán lugar o próximo día 28 de maio de 2023 o Concello de Ames expón ao público, para consulta e presentación de reclamacións, o censo electoral elaborado pola Oficina do Censo Electoral, durante o período de exposición do 10 ao 17 de abril de 2023, ambos inclusive. O servizo de consulta realizarase por medios informáticos e será de xeito individual para cada persoa que o solicite, presentando o seu documento de identidade.

O censo electoral inclúe aos electores que cumpran as seguintes condicións:

-Estar empadroado neste concello con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2023 (data de actualización do censo).
-Ter cumprido os 18 anos antes do 29 de maio de 2023.
-Non estar privado do dereito de sufraxio activo.
-Ter nacionalidade española.
-Cidadáns da Unión Europea que manifestasen a súa vontade de votar en España nas Eleccións Municipais, con anterioridade ao 30/01/2023 (unicamente poderán votar nas eleccións municipais).
-Cidadáns estranxeiros, non comunitarios, de países con acordo de reciprocidade sobre participación nas eleccións municipais que solicitaran a súa inscrición no censo electoral entre as datas 01 de decembro de 2022 e 15 de xaneiro de 2023 (unicamente votarán nas eleccións municipais).

Información complementaria
A cidadanía que reunindo os requisitos non figuren no censo electoral ou consten con datos erróneos, poderán presentar a correspondente reclamación para estas eleccións unicamente no período de exposición comprendido entre o 10 e o 17 de abril (ambos inclusive).

A resolución das reclamacións  realizarase pola Oficina do Censo Electoral nun prazo de tres días a contar dende a súa recepción.

As rectificacións ao censo electoral expoñeranse ao publico o día 21 de abril.

Fundamento legal
Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño do réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro.