Solapas principales

Cortes e prohibicións nos arredores da Casa do Concello, en Bertamiráns, pola celebración da XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Martes, 13 octubre, 2026
Con motivo da celebración da XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que se vai celebrar o domingo, 18 de outubro de 2026, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).

INFÓRMASE:
-Que estará prohibido estacionar na rúa Alcalde Lorenzo o domingo 18 de outubro, desde as 00:00 ata as 15:00 horas.
-Que afectará con cortes de tráfico ás seguintes rúas, aldeas ou lugares por onde transcorre a citada carreira, desde as 8:00 ata 15:00 horas: rúa Alcalde Lorenzo, A Condomiña (estrada DP-0205 ata rotonda do Agro do Muíño) quedando afectadas todas as vías de acceso a ese tramo, Agro do Muíño, Sisalde, rúa Entrerríos, rúa Agrelo, rúa Xunqueira, A Condomiña e As Punxeiras.

RECOMÉNDASE: Evitar as vías mencionadas e acceder pola AG-56 ou AC-300 (Os Ánxeles-Picaraña) cara a Padrón.

Multimedia