Martes, 13 outubro, 2026
- Tematica
Con motivo da celebración da XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que se vai celebrar o domingo, 18 de outubro de 2026, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).
INFÓRMASE:
-Que estará prohibido estacionar na rúa Alcalde Lorenzo o domingo 18 de outubro, desde as 00:00 ata as 15:00 horas.
-Que afectará con cortes de tráfico ás seguintes rúas, aldeas ou lugares por onde transcorre a citada carreira, desde as 8:00 ata 15:00 horas: rúa Alcalde Lorenzo, A Condomiña (estrada DP-0205 ata rotonda do Agro do Muíño) quedando afectadas todas as vías de acceso a ese tramo, Agro do Muíño, Sisalde, rúa Entrerríos, rúa Agrelo, rúa Xunqueira, A Condomiña e As Punxeiras.
RECOMÉNDASE: Evitar as vías mencionadas e acceder pola AG-56 ou AC-300 (Os Ánxeles-Picaraña) cara a Padrón.
Descargas:





