Avisos

Por ejemplo, 22-06-2025
Por ejemplo, 22-06-2025
Jueves, 22 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto de alcaldía para a contratación laboral temporal de tres peóns, xunto coa creación dunha bolsa de traballo para posibles substitucións, correspondente ao proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral (PEL Concellos 2025).
Jueves, 22 mayo, 2025
Aínda quedan citas dispoñibles para a renovación do DNI e Pasaporte nas novas unidades móbiles de expedición do DNI e Pasaporte, que visitarán o Concello de Ames os vindeiros días 2, 3 e 4 de xuño. Con este novo sistema, a cidadanía poderá renovar o DNI e, como principal novidade, tamén o Pasaporte, xunto coa renovación dos certificados dixitais do DNI ou a actualización das claves electrónicas. Ademais, deste xeito, redúcese o tempo de xestión para estes trámites e, así, as persoas que pidan cita neste servizo poderán ter listos calquera dos documentos en cuestión de dez minutos. Haberá 44 citas dispoñibles para cada día e o horario será de 9:00 a 12:30 horas. As persoas interesadas en asistir, deben escribir ao enderezo electrónico gabinete@concellodeames.gal ou chamar ao número 881 074 730 indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto.
Jueves, 22 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do decreto da alcaldía de declaración como deserta da creación da bolsa de agarda de mestre de obradoiro renovames VII para o posto de mestre/a da especialidade ENAE 0108 Montaxe e Mantemento de instalacións solares fotovoltaicas do obradoiro de emprego “Renova VII”.
Jueves, 22 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través da EPEL Augas de Ames, informa que xa está arranxada a avaría que provocou cortes no servizo de abastecemento de auga no Milladoiro. Hoxe pola mañá houbo unha incidencia na tubaxe xeral da avenida de Rosalía de Castro, que provocou o corte no subministro de auga nalgunhas zonas do Milladoiro. O persoal de Augas de Ames xa arrancou dita avaría e irase recuperando a normalidade no servizo durante os próximos minutos.
Miércoles, 21 mayo, 2025
O programa Apego continúa a organizar diferentes propostas de ocio para as crianzas amesás neste mes de maio. Desta volta, coa excursión a Carballolandia, unha actividade xa habitual dentro do Apego, que se celebrará o vindeiro sábado 24 de maio e na que as familias participantes poderán visitar este ecoparque situado no Concello de Chantada, na Ribeira Sacra, e tamén o Ecomuseo do pazo de Arxeriz, localizado no concello do Saviñao, moi preto do Cabo do Mundo. Haberá servizo de autobús con saída ás 09.30 e regreso ás 21.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A actividade é de balde, mais as persoas adultas que queiran visitar o museo do Pazo de Arxeriz deberán aboar alí mesmo o prezo de entrada (3 euros). O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro venres día 23 de maio. As prazas para participar nesta actividade son limitadas, polo que é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Lunes, 19 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre do 20 ao 31 de maio un prazo extraordinario de solicitude de praza para ocupar aquelas prazas que quedaron vacantes no programa de campamentos municipais de verán 2025. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). As prazas serán outorgadas por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Ames.
Lunes, 19 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Xuventude, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para participar no programa municipal de Campamentos de verán 2025. Unha vez publicadas as listas definitivas e mailas listas co resultado do sorteo, a partir do 22 de maio poderase facer a matrícula nos campamentos de verán. O impreso de matrícula pódese descargar ao pé deste aviso.
Lunes, 19 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o vindeiro 9 de xuño está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social. Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual que en 2024, a contía total volve a acadar os 60.000 euros. A tramitación para solicitar estas axudas debe facerse a través da Sede electrónica do Concello de Ames. O prazo de solicitude é un mes a contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña e, como neste caso, remataría nun día inhábil (domingo), o prazo prorrógase finalmente ata o luns 9 de xuño.
Lunes, 19 mayo, 2025
O Concello de Ames abre dende o luns, 19 de maio, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé desta nova ou no apartado de trámites) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto.
Viernes, 16 mayo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.