Martes, 16 diciembre, 2025
- Tematica
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, vén de publicar un formulario para que os veciños/as de Ames, poidan enviar propostas de actividades formativas para a aula e para os centros do rural.
Dende a Aula AMTIC de Ames están planificando os cursos e actividades de 2026 relacionadas coa Aula AMTIC da Casa da Cultura do Milladoiro e coas parroquias de Ames, adaptándose ás necesidades e intereses da veciñanza. A opinión dos/as veciños/as é fundamental para seguir ofrecendo formación útil, actual e accesible para todas as idades. Por iso solicitan a colaboración da veciñanza para cubrir esta breve enquisa anónima e axudarlles a crear unha programación que realmente sexa interesante.




